Monday 16 de September de 2024

Exposición Deslocalizando Xeosónica


Este venres 1 e sábado 2 de decembro está prevista a instalación da exposición Deslocalizando Xeosónica na Praza do Concello, en horario de 11 a 14h e de 16.30 a 19.30h. O público poderá acceder a esta exposición itinerante, no que co apoio de paneis informativos e códigos QR ofrecerán diferentes experiencias sonoras e visuais.
Esta é unha proposta onde se motiva unha reflexión sobre a presenza constante de ruído nas nosas vidas e contornas, presentada en forma de creación dixital de vangarda.